II Xornada bibliotecas especializadas

Imaxe
Data de publicación

Terá lugar en Valencia o 30 de maio de 2025

A Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Especializadas do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) retoma a organización da II Xornada de Bibliotecas Especializadas, prevista para o pasado mes de outubro e que tivo que ser aprazada por mor da DANA que afectou a Valencia. 

Esta segunda edición, baixo o lema “Bibliotecas especIAlizadas. Preparadas para el futuro”, terá lugar o 30 de mayo de 2025 no salón de actos do Claustro Sur da Biblioteca Valenciana – Nicolau Primitiu, en San Miguel de los Reyes (Valencia).

A xornada abordará temas como a visibilización dos fondos especializados, a súa integración nos distintos sistemas bibliotecarios e o papel que a intelixencia artificial xogará na evolución da profesión.

Desenvolverase en formato híbrido e será retransmitida en directo. A inscrición é obligatoria e permanecerá aberta ata o 26 de maio

Máis información, programa e inscrición nesta ligazón.