Laboratorios cidadáns

Imaxe

5ª edición do curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais"

Aberto o prazo de inscrición, ata o 14 de maio, para o curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais", dentro do proxecto "Laboratorios Bibliotecarios", que organiza a Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria del Ministerio de Cultura y Deporte.

A primeira parte, a parte teórica, celebrarase entre o 20 de maio e o 16 de xuño de 2024. A segunda parte, práctica, terá lugar no segundo semestre do ano; nela, convidámosvos a poñer en marcha os coñecementos adquiridos e montar un laboratorio na vosa biblioteca. Ao longo das dúas fases recibiredes un acompañamento por parte da organización.
Trátase dunha iniciativa dirixida a bibliotecas de calquera tipoloxía. Podedes acceder a toda a información nesta web, Laboratorios Bibliotecarios 2024, onde tamén atoparedes o acceso ao formulario de inscrición. 

Un laboratorio é unha ferramenta moi útil para conectar coa vosa comunidade desde un enfoque aberto e participativo. Esperamos que esta proposta sexa do voso interese e animédesvos a inscribirvos no curso.