Laboratorios cidadáns distribuídos

Imaxe
Data de publicación

4ª edición do curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais"

Aberto o prazo de inscrición, ata o 14 de maio, para o curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais", dentro do proxecto "Laboratorios Bibliotecarios", que organiza a Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria del Ministerio de Cultura y Deporte.

O curso estrutúrase nunha primeira parte teórica que se desenvolverá entre o 22 de maio e o 16 de xuño, e na que se explicará como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais, e unha segunda parte práctica, na que se convida a que os participantes apliquen os coñecementos adquiridos e poñan en marcha os seus propios laboratorios. Ao longo das dúas fases, os participantes recibirán acompañamento por parte da organización.

Toda a información na web Curso Laboratorios Bibliotecarios 2023.