Próxima apertura do prazo para que os artistas presenten actividades de dinamización
O martes 2/03/2021 abrirase un prazo de 10 días para a presentación de actividades de dinamización da lectura no catálogo de Ler Conta Moito 2021. Toda a información (bases da convocatoria, etc.) publicarase nos seguintes apartados desta web o luns 1/03/2021:
- Ler Conta Moito
- Axudas e subvencións
- Avisos
Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do catálogo, poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, estas deberán repartirse obrigatoriamente do seguinte xeito:
- 2 actividades de dinamización e promoción da lectura e da cultura de temática xeral.
- 1 actividade que teña como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.
No apartado "Resumo", os solicitantes poderán consignar se a actividade está dispoñible, ademais de presencialmente, para a súa retransmisión en liña vía streaming.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o martes 2/03/2021 ata o xoves 11/03/2021.
Lembramos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.