Ler conta moito

Imaxe

Listaxe de admitidos e excluídos no catálogo 2024 e apertura do prazo de emenda

A Dirección Xeral de Cultura fai públicas as listaxes provisionais de persoas físicas e xurídicas admitidas e excluídas no Catálogo Ler conta moito 2024 e abre un prazo de 10 naturais, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación nesta páxina web, para que as excluídas poidan emendar as súas solicitudes enviando a documentación requirida ao enderezo de correo electrónico lercontamoito [at] xunta.gal (lercontamoito[at]xunta[dot]gal) ou modificando o seu rexistro na plataforma do programa Ler conta moito 2024.