Publicación do catálogo Ler Conta Moito 2022 e apertura do prazo para a programación de actividades
Hoxe, mércores 2/03/2022, publícase o Catálogo Ler Conta Moito 2022 na web https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/, co que dá inicio o período no que poden programarse e executarse as actividades.
NOVIDADE:
Na convocatoria da Orde deste ano establécese que todas as bibliotecas e axencias de lectura públicas que solicitaran esta subvención poden seleccionar e executar actividades desde a data de publicación do catálogo. Desta forma, facilítase un período de programación máis amplo, que permitirá a celebración ou conmemoración das datas máis sobranceiras para as bibliotecas e das que conforman o Calendario do Libro e a Lectura 2022.
A diferenza doutros anos, non é preciso agardar a resolución das axudas e ter a condición de beneficiario para programar e realizar actividades. Isto implica que, ao facer a programación, os concellos comprométense a asumir a totalidade do gasto en caso de non resultar beneficiarios da subvención.
As bibliotecas ou axencias de lectura solicitantes deben seleccionar no Catálogo Ler conta moito 2022 as actividades de animación á lectura que van realizar, a través da seguinte ruta nesta mesma páxina de rbgalicia.gal: Ler Conta Moito > Acceso a Ler conta Moito 2022> Programación de actividades ou ben directamente a través do seguinte enlace: https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/solicitudes-subvencion
O prazo para facer a selección comezará o 2 de marzo, data de publicación do Catálogo Ler conta moito 2022. A data de finalización indicarase na resolución de concesión das axudas.
Na ligazón de embaixo, podedes acceder a toda a información referente á progración de actividades.