Publicada a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura
Hoxe 3 de decembro de 2024, publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Cultura, pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas.
O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata o 20 de xaneiro de 2025. O acceso atópase na sección “Ler conta moito” da web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, https://lercontamoito.xunta.gal/, no apartado “Alta actividades no catálogo”.
As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, como mínimo unha delas terá que estar orientada especificamente a promover a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.
As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo, senón que é preciso dalas de alta de novo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información e imaxes relativas a elas.
Para resolver as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación con este programa, está dispoñible o correo electrónico lercontamoito [at] xunta.gal (lercontamoito[at]xunta[dot]gal) e o teléfono 981 95 72 78.
As sucesivas resolucións tamén publicaranse no apartado Axudas e subvencións desta páxina web.