Data de publicación
Adianto da Resolución
Adiantamos a Resolución da Orde do 16 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT236A), para favorecer que os Concellos e as bibliotecas coñezan aos adxudicatarios e aos excluídos da axuda.
Esta información non ten efectos administrativos nin substitúe á notificación da resolución, que se producirá coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia que está prevista para o 7 de abril.