Ler conta moito 2025

Imaxe
Data de publicación

Publicación no DOG da Resolución

No DOG do 7 de abril de 2025, publícase a Resolución do 27 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT236A).