Ler conta moito 2026

Imaxe
Data de publicación

Apertura do prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2026 de actividades de dinamización da lectura

Hoxe, 19 de decembro de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Cultura pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2026 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas.

O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo comprende desde o 20 de decembro de 2025 ata o 26 de xaneiro de 2026

O acceso atópase na sección “Ler conta moito” da web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, https://lercontamoito.xunta.gal/, no apartado “Alta actividades no catálogo”.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, como mínimo unha delas terá que estar orientada especificamente a promover a igualdade entre homes e mulleres.

As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo, senón que é preciso dalas de alta de novo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información e imaxes relativas a elas.

Para resolver as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación con este programa, está dispoñible o correo electrónico lercontamoito [at] xunta.gal (lercontamoito[at]xunta[dot]gal) e os teléfonos 881 999 252 e 881 999 773.

As sucesivas resolucións publicaranse no apartado Axudas e subvencións desta páxina web.