Ler conta moito 2026 - Listaxe de admitidos e excluídos no catálogo 2026

Imaxe
Data de publicación

Corrección de erro material e novo prazo de emenda

A Dirección Xeral de Cultura fixo públicas as listaxes provisionais de persoas físicas e xurídicas admitidas e excluídas no Catálogo Ler conta moito 2026. 

Advertido erro material na numeración das causas de exclusión do anexo II, procédese á súa corrección con nova publicación das listaxes.

Ábrese un novo prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao desta publicación (ata o 2 de marzo, incluído), para que as persoas físicas e xurídicas que figuren na listaxe de excluídos poidan emendar as súas solicitudes, do seguinte xeito: 

- Enviando a documentación necesaria á dirección de correo electrónico lercontamoito [at] xunta.gal (lercontamoito[at]xunta[dot]gal) no caso das causas de exclusión 1, 2, 3, 4 e 5.

- Modificando o seu rexistro na plataforma do programa Ler conta moito 2026 no caso das causas de exclusión 6, 7 e 8.

Así mesmo, calquera persoa solicitante poderá solicitar no correo electrónico lercontamoito [at] xunta.gal (lercontamoito[at]xunta[dot]gal) a corrección dos erros que observen nos datos recollidos nos anexos, que se reproducen tal e como foron rexistrados polas persoas interesadas.