Data de publicación
No DOG do 6 de maio de 2026 publícase a Resolución do 23 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT236A).