Data de publicación
Preparación dun desenvolvemento en Koha para as devolucións en corentena
Estamos a traballar nun desenvolvemento en Koha para que os documentos que devolvan os usuarios permanezan en estado de corentena no catálogo e que este sexa tamén visible no OPAC.
A duración desta corentena que se aplicará ás devolucións será, como mínimo, a que se estableza no Decreto que publique o Ministerio de Sanidad esta fin de semana ou, no seu defecto, a que marque o protocolo que publique o Ministerio de Cultura y Deporte.
En canto este desenvolvemento estea listo, comunicarase o funcionamento pormenorizado do mesmo ás bibliotecas co programa de xestión Koha tanto por correo electrónico, como a través desta web.