Mellora das coleccións

Imaxe
Data de publicación

Aviso informativo do Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal

Trascribimos, a continuación, a aclaración do Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal en relación coas axudas para a mellora das coleccións:

"No marco das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, cómpre facer a seguinte aclaración:

-Na convocatoria do 2022, o programa B. Subvencións para a mellora das coleccións, estivo financiado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia polo que na orde se establecía como obriga específica para identificar estes fondos, introducir a marca “Nota de adquisición: MRR” no rexistro de exemplares.

-Na convocatoria de 2023, o programa B xa non está financiado por eses fondos MRR, polo que NON se debe introducir nos exemplares adquiridos esa Nota de adquisición. As bibliotecas que están a introducir esa referencia nos exemplares adquiridos na convocatoria en vigor deben eliminala á maior brevidade.

 

Para calquera dúbida é preciso que contactedes co Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal a través do 981 54 48 49 ou do enderezo electrónico servizo-libropublicacions.cultura [at] xunta.gal (servizo-libropublicacions[dot]cultura[at]xunta[dot]gal)"