Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Imaxe

Sementeiras de curiosidade científica

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas" que hoxe preséntase na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal coa participación de Elena Vázquez Cendón.

Durante todo o mes de novembro terán lugar obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas e charlas nas bibliotecas galegas co denominador común da divulgación científica e o obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto para este ano 2023, baixo o título "Sementeiras de curiosidade científica", foi elaborado por Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas da USC. É membro do Consello da Cultura Galega e preside o Estalmat-Galicia.