O Catálogo Colectivo de Bibliotecas Públicas (CCBIP) do Ministerio de Cultura, en colaboración coas comunidades autónomas, actualizou o seu contido e xa conta con máis de 8.200.000 de rexistros procedentes de 3.800 bibliotecas públicas e especializadas de toda España.
O CCBIP reúne os rexistros bibliográficos das máis de 3.800 bibliotecas públicas españolas e algunhas especializadas e, ademais, utiliza rexistros de autoridade da Biblioteca Nacional de España.
Nel é posible consultar máis de 8 millóns de rexistros bibliográficos que van desde as modernas coleccións ata manuscritos, incunables e obras do patrimonio bibliográfico histórico.
É unha ferramenta de consulta única ao conxunto dos catálogos das CC. AA. e esencial para coñecer os fondos bibliográficos que se atopan dispoñibles nas 53 BPE e nas bibliotecas públicas en xeral.
Podes acceder ao CCBIP a través desta ligazón.