Detectado un erro no texto do artigo 19 da convocatoria
En relación coa ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT235A), informamos que foi advertido o seguinte erro no artigo 19 do texto da convocatoria:
Onde pon: "...Así, para xustificar as axudas previstas no Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego e en formato físico, presentarase a documentación específica indicada no artigo 33 desta orde, e para xustificar as axudas previstas no Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas, presentarase a documentación específica indicada no artigo 40 da dita orde..."
Debe poñer: "...Así, para xustificar as axudas previstas no Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego e en formato físico, presentarase a documentación específica indicada no artigo 32 desta orde, e para xustificar as axudas previstas no Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas, presentarase a documentación específica indicada no artigo 39 da dita orde..."
Trátase dun erro de redacción que, polo demais, non ten incidencia en ningún aspecto fundamental da orde de convocatoria.