Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións 2023

Imaxe
Data de publicación

Aviso informativo do Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal

Na Orde do 2 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (procedemento CT235A), establécese o programa A para a adquisición de novidades editoriais en galego. Adxudicada a subvención, cada servizo bibliotecario poderá levar a cabo o proceso de compra mediante a selección dos títulos incluídos na plataforma electrónica na que as editoriais poderán incorporar as súas novidades. Segundo o artigo 29.4 da orde “cada entidade, a través dun só representante para as súas bibliotecas e/ou axencias de lectura xa designado na solicitude (anexo I) seleccionará e solicitará os títulos e o número de exemplares de cada título entre os incorporados á plataforma electrónica de adquisición de novidades editoriais ata o límite do valor económico en libros que teña adxudicado na resolución definitiva desta convocatoria”.

Naqueles casos en que, nas solicitudes, a persoa designada como persoa responsable da xestión desas solicitudes para o programa A non sexa a que vai levar a cabo a compra efectiva na plataforma, o Concello deberá presentar electronicamente unha autorización asinada polo representante do mesmo, que conteña o nome, apelidos, DNI, cargo, teléfono e correo electrónico da nova persoa responsable, accedendo ao expediente do presente procedemento na Carpeta cidadá.

Lembaramos que, para calquera dúbida ou incidencia, é preciso que contactedes co Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal, a través do 981 54 48 49 ou do enderezo de correo electrónico servizo-libro-publicacions-cultura [at] xunta.gal (servizo-libro-publicacions-cultura[at]xunta[dot]gal)