Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións

Imaxe

Ampliación do prazo de xustificación

Ampliación do prazo de xustificación da Orde do 21 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria de carácter extraordinario para o ano 2020.

Modifícase a data límite de xustificación establecida nos artigos 30, 31.1º y 2º y 37, 38 1º y 2º das bases da convocatoria da Orde do 21 de xullo de 2020 (código de procedemento CT235A) ampliando o prazo ata o 26 de novembro de 2020.

En consecuencia os artigos 30, 31,1º y 2º y 37, 38.1º y 2º das bases da convocatoria, quedarían redactados do seguinte xeito:

Artigo 30.

O prazo para presentar a documentación xustificativa abrangue desde o día da publicación da resolución de adxudicación no Diario Oficial de Galicia ata o 26 de novembro de 2020 (incluído)

Artigo 31.

1º. Considerarase gasto realizado o importe dos libros recibidos e pagados entre a data de publicación da resolución de concesión de subvención e o 26 de novembro de 2020 (incluído).

2º. A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación, dirixida á Dirección xeral de Políticas Culturais-Subdirección xeral de Bibliotecas e do Libro, con data límite do 26 de novembro de 2020 (incluído).

Artigo 37.

O prazo para presentar a documentación xustificativa abrangue desde o día da publicación da resolución de adxudicación no Diario Oficial de Galicia ata o 26 de novembro de 2020 (incluído)

Artigo 38.

1º. Considerarase gasto realizado o importe dos libros recibidos e efectivamente pagados entre a data de publicación da resolución de concesión de subvención e o 26 de novembro de 2020 (incluído).