Novos títulos para o Club de Lectura de Galicia

Imaxe
Data de publicación

Títulos adquiridos en 2025

O Club de lectura de Galicia incrementa a súa oferta de libros coas adquisicións realizadas en 2025: un total de 76 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición dos case 400 clubs de lectura que existen ao longo da nosa comunidade.

Esta nova adquisición inclúe obras en castelán, galego, inglés, francés, italiano e portugués, banda deseñada, lectura fácil e outro tipo de libros para adultos, nenos e mozos.

Lembrámosvos que no apartado Club de lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento e os formularios para solicitar a alta dun club e pedir lotes de libros en préstamo.

Podedes consultar as novidades de 2025 na ligazón Títulos adquiridos no 2025 para o Club de lectura de Galicia da páxina Club de lectura de Galicia.