Incorporación de máis títulos adquiridos en 2025
O Club de lectura de Galicia incrementa a súa oferta de libros con máis adquisicións realizadas en 2025 que, ata agora, non se puideron incluír no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Trala incorporación destes lotes, e xunto cos xa anunciados en febreiro de 2026, o número de novos títulos a disposición dos clubs de lectura que existen na nosa comunidade ascende a 105.
Lembrámosvos que, no apartado Club de lectura de Galicia, tendes á vosa disposición as listaxes de todos os libros dispoñibles, as normas de funcionamento e os formularios para solicitar a alta dun club e pedir lotes en préstamo.
Podedes consultar a totalidade das novidades de 2025 na ligazón Títulos adquiridos no 2025 para o Club de lectura de Galicia (v.2) da páxina Club de lectura de Galicia (os lotes incorporados máis recentemente están indicados en cor laranxa).