O Ministerio de Cultura convoca as Axudas ao Fomento da Innovación Bibliotecaria para o ano 2026

Imaxe
Data de publicación

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 26 de xuño.

O Ministerio de Cultura publicou a nova convocatoria das Axudas ao Fomento da Innovación Bibliotecaria para o ano 2026. O obxectivo principal destas subvencións é premiar e impulsar proxectos innovadores desenvolvidos por bibliotecas españolas que formen parte das distintas administracións públicas.

A quen vai dirixida?

Estas axudas están destinadas a unha gran variedade de tipoloxías bibliotecarias dependentes de entidades públicas, entre as que se inclúen:

  • Bibliotecas públicas
  • Bibliotecas escolares
  • Bibliotecas universitarias
  • Bibliotecas especializadas
  • Bibliotecas nacionais e rexionais

Os centros solicitantes deben estar situados en territorio nacional ou, no caso de dependeren de administracións españolas, tamén no ámbito internacional.

Prazos e tramitación

O prazo de presentación de solicitudes xa está activo e rematará o vindeiro venres 26 de xuño de 2026.

Todo o procedemento de solicitude debe realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura. No seu portal web están dispoñibles tanto as bases reguladoras coma as guías explicativas e os anexos necesarios para achegar a memoria do proxecto.

Desde a Rede de Bibliotecas de Galicia animamos a todos os centros integrados a valorar a presentación de propostas que sigan situando a nosa comunidade á vangarda dos servizos, a dixitalización e a dinamización cultural do ecosistema bibliotecario.