IFLA Public Library of the Year Award 2019
A IFLA e Systematic convocan o Premio Biblioteca Pública do ano 2019, unha convocatoria destinada a calquera biblioteca (de nova construcción ou construída nun edificio que non tivese uso bibliotecario) que se finalizase entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018.
O período de presentación de solicitudes remata o 15 de abril.
A biblioteca gañadora recibirá 5000$ e o premio farase público e entregarase no vindeiro mes de agosto, durante a celebración do próximo Congreso da IFLA que terá lugar en Atenas.
A peculiaridade deste premio é que aúna nun só galardón a arquitectura e a calidade do servizo bibliotecario.
As bibliotecas avalíanse en función de 6 criterios diferentes:
- Interacción coa contorna e a cultura locais
- Calidade arquitectónica
- Felxibilidade
- Sostibilidade
- Espazos de aprendizaxe
- Desenvolvemento dixital
Tamén se valorará de que maneira reflicte a biblioteca a Axenda 2030 das Nacións Unidas para o Desenvolvemento sostible e a Visión Global da IFLA.
Podedes acceder á páxina web do premio premendo na seguinte ligazón: https://www.ifla.org/node/29023