Finalistas da quinta edición
Hoxe fixéronse públicos os proxectos finalistas da 5ª edicion do premio Biblioteca pública e compromiso social, e novamente temos que facerlle chegar desde aquí os nosos parabens a dúas bibliotecas galegas. Finalistas desta edición son:
- Biblioteca fácil. Rede Bibliotecas Municipais de Llíria (Valencia). Colectivos: Discapacidade. Persoas maores. Saúde mental
-
Biblioterapia: leer es salud. Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Motril (Granada). Colectivo: Saúde mental
-
Déjame que te cuente. Bibliotecas Municipais de Huesca. Discapacidade. Persoas maiores
-
Leobén. Biblioteca Municipal Agora (A Coruña). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión. Discapacidade
-
Más allá de los libros. La biblioteca Ricardo León y los 17 ODS. Biblioteca Pública de Galapagar (Madrid). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión
-
Quiero trabajar aquí. Biblioteca Pública Municipal Jose Saramago de Madrid. Colectivos: Discapacidade e inserción sociolaboral
-
Traços de vida. Taller d’escriptura creativa. Biblioteca Marcel·li Domingo de Tortosa (Tarragona). Colectivos: Adolescencia en risco de exclusión. Discapacidade. Saúde mental
-
Voluntariado Cultural con chic@s, para el fomento de la lectura. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín (Ourense). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión. Minorias étnicas
A mediados do mes de marzo daranse a coñecer os gañadores do premio.
Noraboa á Biblioteca Municipal Ágora da Coruña e a Biblioteca Municipal do Concello de Verín.
Podedes acceder á información na seguinte ligazón: https://fundacionbibliotecasocial.org/es/convocatoria-5a-ed-premio-biblioteca-publica-compromiso-social-2/