Publicada a convocatoria de subvencións 2025 do programa Ler conta moito

Imaxe
Data de publicación

No DOG do 7 de xaneiro de 2025 publicouse a convocatoria para 2025 das subvencións a entidades locais para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e axencias de lectura de titularidade municipal integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (programa Ler conta moito). 

Este programa ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2025, ambos incluídos. 

A programación e a execución das actividades deberá levarse a cabo entre a data na que se publique o catálogo Ler conta moito 2025 (previsto en febreiro) e o 31 de outubro de 2025, ambos incluídos.