O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) recupera o proceso para a concesión da distinción honorífica anual "Sello CCB", que recoñecerá e dará visibilidade a proxectos innovadores desenvolvidos nos dous anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria (2024-2026).
O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) convocou a VIII edición do Sello CCB 2026, unha distinción honorífica anual destinada a recoñecer proxectos innovadores desenvolvidos en bibliotecas nos dous anos previos (2024-2026).
A iniciativa, enmarcada no IV Plan Estratéxico do CCB 2024-2028, ten como obxectivo visibilizar boas prácticas no ámbito bibliotecario e fomentar a innovación, a accesibilidade, a sustentabilidade, a cooperación e a profesionalización do sector.
Poderán presentarse proxectos xa executados por bibliotecas de distintas tipoloxías (escolares, especializadas, nacionais e rexionais, públicas e universitarias) dependentes das administracións públicas españolas. Os proxectos deberán estar aliñados coas liñas estratéxicas do plan, incorporar a perspectiva de igualdade e demostrar impacto, innovación e capacidade de replicación.
A convocatoria contempla unha distinción por cada tipoloxía de biblioteca —con modalidades específicas no caso das bibliotecas escolares e públicas—, así como a posibilidade de recoñecer ata tres proxectos finalistas por categoría. O recoñecemento ten carácter honorífico e non leva aparellada dotación económica.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 15 de outubro de 2026 ás 23:59 horas. Os proxectos seleccionados recibirán un diploma acreditativo e o Selo CCB en formato dixital, e serán publicados na web do CCB.
Podes consultar toda a información a través da seguinte ligazón: https://www.ccbiblio.es/sello-ccb/convocatoria-actual/