Data de publicación
Orde do 7 de febreiro de 2019
O pasado xoves día 7 de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia.
Máis información nas bases da convocatoria.