Webinar gratuítos de Mares Virtuales
Mares Virtuales pon en marcha esta iniciativa de encontros virtuais con personalidades do mundo do libro e das bibliotecas, na que os internautas poderán aprender e charlar cos expertos desde diversos enfoques. Estes encontros virtuais gratuítos, que comezarán o próximo 17 de marzo, terán a seguinte programación:
«Biblioteca fácil: Un proxecto de inclusión que cambia a vida das persoas» por Dores Asensi. 17 de marzo ás 11:00 h.
«Medio pan e un libro: a importancia das bibliotecas para o pobo» por Ana Iris Simón. 24 de marzo ás 19:00 h.
«Conveniencia e obrigación legal da valoración monetaria dos arquivos e bibliotecas» por Felipe Martínez. 14 de abril ás 11:00 h.
«Que necesitas?: unha formación de usuarios a medida» por Sofía Möller. 21 de abril ás 11:00 h.
«De manitas a lector maker. O porqué dos Espazos Read Maker» Por Florencia Corrionero. 5 de maio ás 19:00 h.
«Memoria vs Esquecemento» por Paco Roca. 12 de maio ás 19:00 h.
Inscrición en: https://maresvirtuales.com/noticias/los-webinar-de-mares-virtuales-vuelven-este-mes-de-marzo