Aberto o prazo de inscrición
O Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, organiza o X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Las Palmas de Gran Canaria os días 10, 11 e 12 de novembro de 2021 e se desenvolverá en formato híbrido (presencial e virtual).
Esta edición do Congreso ten en consideración os cambios e retos asociados ao contexto actual e ao futuro das bibliotecas públicas, polo que xirará ao redor de dous eixos temáticos ou fíos condutores: por unha banda, concepto e definición do novo paradigma das bibliotecas públicas; doutra banda, a procura do equilibrio entre presencialidade e virtualidade nos servizos, actividades e labores realizadas polas bibliotecas públicas.
A asistencia pode ser presencial (con obradoiros) ou virtual (sen obradoiros)
Máis información en: