XI Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas

Imaxe

Aberto o prazo de inscrición

Todo listo para celebrar, os días 18, 19 y 20 de outubro en Pamplona, o XI Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas.
As inscricións xa están abertas e poden realizarse desde a propia web do Congreso habilitado pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

Baixo o lema Democracia, lectura e dereito á información, ao longo de tres días, profesionais das bibliotecas, responsables de políticas bibliotecarias, xestores de bibliotecas e profesionais do mundo académico e da xestión cultural debaterán ao redor de todos estes temas. Como se pode ver no programa, ademais, ao enmarcarse o Congreso nas celebracións da Presidencia española do Consello da Unión Europea, contarase ademais coa participación de expertos vindos de varias institucións internacionais.

Durante a celebración do Congreso tamén se expoñerán seis das máis de trinta comunicacións científicas que se presentaron á convocatoria. Versarán sobre temas como os clubs de lectura, o persoal bibliotecario en zonas rurais e a alfabetización dixital contra o sexting, entre outros temas. Así mesmo, os vídeos de Boas Prácticas tamén terán un espazo reservado para a súa exposición.

Nas tardes do mércores 18 e o xoves 19 celebraranse cinco talleres abertos aos asistentes presenciais, previa elección no formulario de inscrición.

Ademais, recomendámosvos adiantar un día a vosa viaxe a Pamplona e asistir a Xornada Europeana baixo a Presidencia española do Consello da UE, baixo o lema “Acelerar o 3D no espazo común europeo de datos para o patrimonio cultural”, que se celebrará o 17 de outubro tamén no Palacio de Congresos Baluarte.