Xornada Técnica da Biblioteca de Galicia

Imaxe
Data de publicación

Transformando a música en patrimonio

O vindeiro 31 de maio de 9:00 a 19:00 h. celebrarase en Santiago de Compostela, no Auditorio Neira Vilas do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia, unha xornada técnica organizada pola Biblioteca de Galicia que baixo o título "Transformando a música en patrimonio"  tratará sobre o patrimonio sonoro galego, a súa historia e o seu futuro e tamén sobre o patrimonio sonoro en arquivos e bibliotecas.