Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promóvese a celebración de novembro como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 

Coa participación das bibliotecas públicas, das bibliotecas escolares e dos equipos de dinamización lingüística, prográmanse actividades de divulgación científica e realízase unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego, que se poñen a disposición de todas as bibliotecas e do público interesado. 

Trátase así de fomentar en todas as persoas, especialmente nos nenos e nas nenas, a curiosidade científica e o interese por aprender, a través de actividades amenas e divertidas. 

Tamén se ofrecen recursos didácticos, materiais divulgativos e experiencias dos centros escolares, que forman parte dunha comunidade educativa comprometida co valor da ciencia en galego.

En cada edición desta efeméride contouse coa colaboración dunha persoa relevante do ámbito científico en Galicia, que se encargou de escribir un texto a modo de manifesto:

  • 2024: Felipe Criado-Boado. Arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.
  • 2023: Elena Vázquez Cendón. Doutora en Matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 2022: José Tubío. Profesor, investigador e divulgador na Universidade de Santiago de Compostela.
  • 2021: Amparo Alonso Betanzos. Enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial, presidenta da Asociación Española de Inteligencia artificial (AEPIA) e Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña.
  • 2020: Xurxo Mariño Alfonso. Profesor, investigador e divulgador científico.
  • 2019: Alicia Estévez Toranzo. Académica da RAGC e RAFG, Premio María Josefa Wonenburger Planells 2018.
  • 2017: Peregrina Quintela Estévez. Matemática, Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016.
  • 2016: Isabel Aguirre de Urcola. Arquitecta.
Mes da ciencia 2024

Folletos do Mes da Ciencia

Manifestos do Mes da Ciencia