Certame “Bibliotecas que inspiran”, de recoñecemento ás iniciativas bibliotecarias de Galicia

Imaxe

Convocatoria de 2026.

No Diario Oficial de Galicia do 9 de xullo de 2026, publícase a Orde do 23 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases do Certame “Bibliotecas que inspiran”, de recoñecemento ás iniciativas bibliotecarias de Galicia, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento CT237A).

Este certame ten como propósito central promover, poñer en valor e difundir os proxectos e actuacións máis destacadas das bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais da nosa comunidade. Buscamos aquelas iniciativas que constitúan unha boa práctica de xestión, que redunden nun mellor servizo directo á cidadanía, que logren dinamizar a lectura e o acceso á cultura, e que teñan un impacto positivo na comunidade. O obxectivo é que estas ideas de éxito sirvan de inspiración e exemplo para o resto de centros bibliotecarios.

Para garantir unha participación equilibrada que se adapte á realidade demográfica do noso territorio, mantéñense as dúas categorías establecidas en función da poboación:

  • Entidades locais cunha poboación de ata 10.000 habitantes.
  • Entidades locais de máis de 10.000 habitantes.

Cada unha das categorías estará dotada cun premio en metálico de 3.000 € e un diploma conmemorativo que recoñecerá oficialmente a iniciativa galardoada. Entre os criterios que se terán en conta para a valoración das propostas inclúense aspectos como o carácter innovador, a replicabilidade do proxecto, a mellora na accesibilidade dos espazos ou a optimización do propio servizo bibliotecario.

Prazos de presentación O prazo para que as entidades locais presenten as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG (polo que o prazo de presentación rematará o vindeiro 10 de agosto de 2026).

Documentación