Neste obradoiro, a rapazada poderá crear a súa funda de libro personalizada, única e orixinal. Serán eles e elas mesmas as que construirán a súa funda a partir de materiais de goma eva, pegatinas, etc.
Dia e hora: venres 4 de abril ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, de 8 a 11 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de marzo ás 9.00 h.
Neste laboratorio todo é posible. Darémoslle renda solta a mundos imaxinarios, personaxes inventados, aventuras incríbles e moito máis.Este obradoiro de escritura divertida é un recurso con ideas que
inspirarán á rapazada para facer voar a súa imaxinación e a escribir con creatividade e de forma entretida
Data e hora: venres 11 de abril ás 18.00 h.