Os obxectivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e transformalo nun xoguete, do cal se poida inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e imaxinativa persoal de cada un.
Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.
Data e hora: venres 16 de febreiro, de 19:30 a 20.30 h.
Cartas, dominó, monopoly ... todos os luns ás 17:00 horas podedes achegarvos á biblioteca a pasar un rato divertido xogando aos vosos xogos favoritos e decubrindo outros novos.
-Público destinatario: adulto.
-Data e hora: luns ás 17:00 horas.
-Sen inscrición previa.