Os/as participantes deste obradoiro poderán aventurarse no extraordinario mundo dos mosaicos, aprendendo as súas técnicas de fabricación e construíndo o seu propio mosaico, cos mesmos materiais que tiñan os romanos a súa disposición.
Público infantil de 6 a 12 anos.
Obradoiro de robótica creativa no que os/as participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de LEGO Education.
Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.
Neste obradoiro á rapazada poderá introducirse tanto no deseño como na impresión 3D, non é preciso ter experiencia previa xa que se adquirirán os coñecementos necesarios para entender e usar o deseño 3D con diferentes finalidades. Nestes días os e as participantes aprenderán conceptos básicos de deseño de pezas ata a creación dun prototipo con impresora 3D.
Neste campamento de verán a rapazada aprenderá a construir máquinas robotizads sinxelas. Os e as participantes poderán construír diferentes modelos de robots e aprender a programar ás súas accións a través dunha ferramenta moi sinxela e divertida iniciándose no mundo da robótica.
-Data e hora: do 3 ao 14 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición previa desde o 5 de xuño