V Xornada de bibliotecas públicas de Galicia

Imaxe

Fondo local. Memoria e identidade

A 5ª Xornada de bibliotecas públicas de Galicia, que promove a Dirección Xeral de Cultura, terá lugar o 30 de outubro de 2023 no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.


Nesta quinta edición, a Xornada pretende dirixir a atención á memoria local, que define cada biblioteca e a comunidade á que serve. Identifica as persoas e o grupo social vinculados a un territorio, a unhas tradicións e a unha historia. A preservación desta memoria constitúe a pedra angular dunha biblioteca e conforma o seu elemento diferenciador. Así, abordaranse diversos aspectos referidos á recollida, elaboración e conservación de materiais cos que recuperar e difundir a memoria local e exploraranse vías de achegamento á poboación que constrúe e é depositaria desa memoria. Dunha forma amena, dinámica e práctica, os e as profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia poderán coñecer e compartir experiencias coas que fortalecer e mellorar o seu labor na recuperación e preservación da memoria local.

A xornada pecharase coa entrega dos Premios á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2023.

Pode consultarse o programa aquí.

 

Información práctica

  • A asistencia é de balde previa inscrición nesta ligazón.
  • Estas xornadas son de especial interese para o persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • No apartado OBSERVACIÓNS, cada persoa inscrita deberá indicar a biblioteca que constitúe o seu centro de traballo.
  • Para asistir á sesión de tarde, é necesario elixir un dos tres obradoiros.

Documentación