VI Xornada de bibliotecas públicas de Galicia

Imaxe

Conservar para nós. A conservación nas bibliotecas públicas

A 6ª Xornada de bibliotecas públicas de Galicia, que promove a Dirección Xeral de Cultura, terá lugar o 11 de novembro de 2024 no Auditorio do edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Nesta xornada abordaranse diversos aspectos referidos á recollida, elaboración e conservación dos diferentes materiais que constitúen a colección bibliográfica e documental dunha biblioteca, especialmente do fondo patrimonial, que constitúe o máis valioso das nosas coleccións. Pero tamén cómpre coñecer como manter as boas condicións ambientais das salas onde se alberga e coñecer pautas para o mantemento dos edificios en condicións óptimas e como mellorar a súa situación. Todo isto co obxecto de asegurarnos de que permanecerán con nós para seguir sendo referencia da nosa cultura.

Durante a xornada terá lugar a entrega dos Premios á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2024.

Pode consultarse o programa aquí.

Información práctica

  • A asistencia é de balde previa inscrición nesta ligazón.
  • Estas xornadas son de especial interese para o persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • No apartado OBSERVACIÓNS, cada persoa inscrita deberá indicar a biblioteca que constitúe o seu centro de traballo.
  • Para asistir á sesión de tarde, é necesario elixir un dos tres obradoiros.