Celébrase na Cidade da Cultura do venres 23 ao domingo 25 de outubro de 2026
Santiago de Compostela converterase no epicentro das bibliotecas móbiles coa celebración do XII Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles, que terá lugar na Cidade da Cultura do venres 23 ao domingo 25 de outubro baixo o lema Dereitos sen barreiras. O evento, organizado pola Consellería de Cultura, Linga e Xuventude xunto coa Asociación de Profesionales de Bibliotecas Móviles, ACLEBIM, reunirá a profesionais do sector para analizar o futuro destes servizos móbiles e debater sobre as formas de achegar a cultura a todos os territorios.
Ademais de relatorios e comunicacións profesionais, o Congreso acollerá unha mostra dos vehículos que prestan o servizo de biblioteca móbil ao longo de toda a península. Durante o evento tamén terá lugar a entrega dos Premios ACLEBIM.
Inscricións
A inscrición estará aberta ata o 30 de setembro a través da páxina web do Congreso. Terán unha cota reducida as inscricións recibidas antes do 1 de setembro, os membros de asociacións Fesabid con convenio de formación, estudantes e persoas desempregadas.
A inscrición inclúe o acceso ás xornadas técnicas, os xantares e ceas oficiais dos días 23 e 24, e as visitas guiadas programadas (á Catedral e á Cidade da Cultura). Haberá un servizo de autobús gratuíto desde o casco urbano de Santiago ata a sede do Congreso ao comezo e o fin de cada xornada.
Envío de comunicacións e pósteres
Os organizadores convidan á presentación de propostas sobre servizos bibliotecarios móbiles:
- Comunicacións (ata 8 páxs.): Envío a bibliobuses [at] aclebim.es (bibliobuses[at]aclebim[dot]es) ata o 30 de setembro de 2026.
- Pósteres (roll up): Envío ou entrega directa dos materiais, en formato físico, no Servizo de Bibliotecas (Santiago) ata o 8 de outubro de 2026.
Toda a información sobre as formas de participación e o formulario de inscrición están dispoñibles na web oficial do Congreso.