Vigo

Amosando 217 - 228 de 257
Evento

Centro de interese, listaxe de lecturas e exposición de cubertas de libros para estas datas senlleiras, con folerpas de neve que veñen cargadas de fantásticas ideas para pedir como agasallo a Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos.

Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro de 2024.

Sala Infantil.

Público familiar.

 

Evento

Exposición temática sobre a enerxía e as formas de aforro da mesma dende un punto de vista científico e ameno. Facilitaremos tamén unha bibliografía para que a cativada se informe sobre o aforro enerxético tan necesario nos nosos días.

Lugar: sala infantil.

Para todos os públicos.

Evento

A primeira entrega dos Nobel foi en 1901 e xa en 1903 Marie Curie recibiu o premio Nobel de Física, abrindo unha senda que moitas científicas seguiron despois, amosando a posibilidade real da igualdade. Esta exposición é un recoñecemento ao traballo e dedicación destas mulleres de ciencia.

Lugar: zona de exposicións da biblioteca.

Para todos os públicos.