Científicas con premio Nobel: acadando a igualdade

Imaxe
02 - 30 de Novembro 2023, 9:00 - 20:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

A primeira entrega dos Nobel foi en 1901 e xa en 1903 Marie Curie recibiu o premio Nobel de Física, abrindo unha senda que moitas científicas seguiron despois, amosando a posibilidade real da igualdade. Esta exposición é un recoñecemento ao traballo e dedicación destas mulleres de ciencia.

Lugar: zona de exposicións da biblioteca.

Para todos os públicos.