4 Monos

Imaxe
22 de Outubro 2024, 11:00
Biblioteca Pública Municipal de Moaña

Actividade do programa Ler Conta Moito con Tropa de Trapo

Texto de presentación da actividade

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Cada mono significaba unha acción: non ver, non oír, non falar.

Nós dámoslle a volta.Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro!

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible.

Programa

Enmarcado nas actividades da Semana da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 12 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 22/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Edificio Multiusos