600 anos do pobo xitano. Unha historia compartida

Imaxe
03 - 29 de Novembro 2025, 13:00 - 14:00
Biblioteca Pública de Ourense

Exposición

Exposición organizada pola Fundación Secretariado Gitano como homenaxe aos 600 anos de historia do pobo xitano en España.

Recolle os fitos máis significativos e as principais contribucións do pobo xitano á sociedade española dende a súa chegada á Península a través do Reino de Aragón o 12 de xaneiro de 1425.

Pódese visitar no primeiro andar da biblioteca do 3 ao 29 de novembro.