Marionetas do mundo

Imaxe
02 - 29 de Outubro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición organizada por Títeres Cachirulo

Cedemos o espazo para realizar esta exposición que nos propón unha viaxe por África, Asia, Europa, América e Oceanía a través das súas marionetas, títeres e teatros de sombras.

Un percorrido pola diversidade das formas de representación e polas diferentes estéticas, técnicas e tradicións que cada cultura desenvolveu para dar vida á materia e contar historias.

Marionetas de fíos de China, figuras de Mali, Congo e Senegal, sombras de Indonesia, o colorido de México e Ecuador, representacións de pobos orixinarios de América ou os singulares títeres para adultos do Río da Prata forman parte desta viaxe, na que descubriremos técnicas como a vara, o bunraku, a luva, a sombra, o fantoche e o fío.

Unha exposición para descubrir como, en lugares moi afastados entre si, unha mesma fascinación se repite: converter un obxecto inanimado nun ser capaz de emocionar, divertir e contar historias. Unha viaxe polo mundo a través das marionetas.

Pode visitarse do 2 ao 29 de outubro no vestíbulo no horario de apertura da biblioteca.