Obradoiro de Vermislab
Programación con cores e pura creatividade. Os Ozobots son pequenos robots programables que usan liñas e cores como código.
Neste obradoiro, os participantes aprenderán a programar os Ozobots mediante a creación de patróns de cores e liñas, fomentando así a creatividade e a lóxica de programación.
No salón de actos da biblioteca. Dirixido a nenas e nenos de 5 a 7 anos. Hai 20 prazas dispoñibles.
Para participar é preciso recoller unha invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.