10 de Febreiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos con Iván Davila
Cales son as tres actividades que adoitamos facer no Entroido? Disfrazarnos, gastar bromas e pasalo ben! Iso mesmo é o que fan os animais protagonistas destas historias: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga máis vella do mundo.
No Entroido disfrazámonos para ser outra persoa ou quizais estamos disfrazados todo o ano e só nestas datas deixamos saír o noso lado máis salvaxe?
Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.