Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible

Imaxe
02 - 30 de Decembro 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Arqueometría, teledetección, xeofísicas e outras tecnoloxías dixitais na investigación do pasado

Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible é unha exposición que amosa as posibilidades de emprego das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.

Esta exposición ofrece unha ollada a algúns dos métodos e ferramentas de traballo que hoxe usa a arqueoloxía e que probablemente rachen a idea máis habitual que se ten desta  disciplina. Mostra un percorrido polas novas técnicas de análise de materiais arqueolóxicos -arqueoloxía do pequeno- e as tecnoloxías de prospección e rexistro non invasivas de áreas arqueolóxicas -arqueoloxía do invisible-. 

Exposición realizada dentro da encomenda de xestión entre a Deputación de Pontevedra e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.