Asorey e a escultura galega do século XX

Imaxe
01 - 30 de Abril 2024, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Ourense

Mostra bibliográfica

Este ano, o Día das artes galegas, que celebramos o 1 de abril, adícase á figura de Francisco Asorey. Considerado un dos maiores innovadores da escultura española de principios do século XX, soe incluirse ademáis dentro do grupo de Os renovadores, que virían a revolucionar a maneira de facer arte hai máis de 100 anos.

Dende a biblioteca quixemos facerlle unha homenaxe a través dun recordatorio dalgunhas das súas obras, unha lembranza bibliográfica, e unha selección de libros nos que afondar tanto na súa figura como na obra doutros autores da época e posteriores que serían influenciados indiscutiblemente polas súas aportacións.