A avoa Mariña

Imaxe
27 de Setembro 2024, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Tirán José María Castroviejo

Actividade do programa Ler Conta Moito con Xabi do Camiño

Texto de presentación da actividade

Por primeira vez, o bebé ten que separarse da súa mamá e queda coa avoa Mariña.

Entre contos e xogos van pasando a tarde e á noite chega Pedro Chosco.

O bebé precisa un arrolo para durmir pero a avoa Mariña non lembra ningún.

Como fará este bebé para durmir sen arrolos e sen mamá?

Irei acompañado pola narradora Cris de Caldas.

É un espectáculo onde hai moitos contos, música e diversión.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

35 minutos

Sesións

  • Sesión única: 27/09/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Auditorio do centro