Begoña Caamaño, activista: mover os marcos, cambiar de xogo

Imaxe
06 de Maio - 30 de Setembro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega.

Desde a Biblioteca Ánxel Casal queremos rendirlle unha homenaxe á Begoña representativa de tantas loitas encarnadas na súa participación no sindicalismo e na defensa duns medios públicos para a cidadanía.

Pode visitarse no 2º andar do 1 de xullo ao 31 de agosto de 8.30 a 14.30h e do 1 ao 30 de setembro de 8.30 a 21.00h.